Cargando resultados...
Os independentistas non irán á xura da Constitución da princesa Leonor
O acto celebrarase no Congreso o 31 de outubro
BNG, ERC, Junts e Bildu non acudirán porque din que a coroa é unha institución corrupta

Antón Montero
23/10/2023 20:00
Última actualización 23/10/2023 20:06
Os partidos independentistas non acudirán á cerimonia de xura da Constitución da princesa Leonor.
O acto celebrarase o vindeiro 31 de outubro no Congreso. O Bloque Nacionalista Galego, Esquerra Republicana, Junts e Bildu confirmaron que non enviarán ningún representante xa que consideran que a coroa é unha institución caduca, corrupta e anacrónica.