A comisión de Industria do Congreso rexeita unha proposición do BNG para denegarlle axudas a Altri
O PP rexeitou na Comisión de Industria e Turismo do Congreso esa iniciativa; o PSOE abstívose
O PP rexeitou na Comisión de Industria e Turismo do Congreso unha iniciativa do BNG na que instaba o Goberno central a non dar ningún tipo de axuda á empresa Altri para o seu proxecto de macrocelulosa en Palas de Rei (Lugo). O PSOE e Vox optaron por absterse, mentres que ERC, EH Bildu e Sumar apoiárono.
Tratábase dunha proposición non de lei -iniciativa non vinculante- do Bloque Nacionalista Galego, coa que buscaba deixar por escrito o rexeitamento expreso a ofrecer axudas públicas ao proxecto de Altri en Galicia.
No texto, ao que tivo acceso Europa Press, o BNG instaba o Goberno central a rexeitar a inclusión do proxecto de Altri entre as propostas financiadas con axudas públicas con cargo ao PIICE ou calquera outra axuda directa ou crédito.