Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pedro Blanco: "O nivel de colaboración foi encomiable o día do apagamento"

Pedro Blanco: "O nivel de colaboración foi encomiable o día do apagamento"

O delegado do Goberno pídelle á Xunta que axilice a execución dos fondos europeos: "Hai que gastar ata o último euro"

Blanco estima que dos 1.800 millóns de euros transferidos á Xunta, 900 millóns están sen executar

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, este mércores nunha entrevista no 'Bos días'
G24.gal 07/05/2025 09:46

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, afirma que o nivel de colaboración entre a Administración central e a Xunta o día do apagamento xeral foi "encomiable".

O luns no que España e Galicia quedaron ás escuras o Goberno galego activou por primeira vez o nivel 3 de alerta. Nunha entrevista no 'Bos días' da TVG Blanco recoñeceu: "O nivel de colaboración foi encomiable; traballamos conxuntamente e os resultados nin tan malos foron".

"O que pide o Goberno é que se executen os fondos, que se gaste ata o último euro"

Pedro Blanco insta a Xunta a executar canto antes os fondos de recuperación concedidos a Galicia.

O delegado do Goberno afirma que dos 4.000 millóns de euros que foron destinados á nosa comunidade, arredor dun 48 % -uns 1.800 millóns de euros- foron transferidos á Xunta, e deles, segundo os seus cálculos, 900 millóns están sen executar. 

"Non hai ningún pulso. O que pide o Goberno é que se executen, que se gaste ata o último euro", dixo este mércores nunha entrevista no 'Bos días' da TVG.

Segundo explicou, "non se trata sacar convocatorias", é preciso "que se  axilice a execución" e que eses fondos cheguen "a cada concello e cada parroquia de Galicia", porque "o tempo é limitado".

Altri e o PERTE de descarbonización

Ao preguntarlle polo PERTE de descarbonización que deixou fóra a Altri, Pedro Blanco foi rotundo: "Altri concorre e non obtén a mínima puntuación técnica esixible. Polo tanto, a iso nos remitimos. Se non a ten, non pode concorrer".

Altri xa avanzou que o proceso segue o seu curso e que recorrerá a súa exclusión destas axudas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade