Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os incendios forestais ameazan parques naturais en Asturias, Cantabria e Estremadura

Os incendios forestais ameazan parques naturais en Asturias, Cantabria e Estremadura

Os trebóns da noite orixinaron moitos focos pola metade norte de España 

G24.gal 11/08/2022 21:01

Á unha da tarde prendía un incendio forestal na comarca de La Hoya, en Huesca, sen perigo para a poboación. A columna de fume víase a varios quilómetros, nun Aragón en alerta vermella por risco de incendios.

En nivel 2 continúa o incendio en La Fregeneda, Salamanca; mentres que pasou a nivel un o de Santa Cruz del Valle, en Ávila.

Máis complicado está o incendio da serra de Gata en Cáceres, que se sospeita intencionado. Os case 200 veciños desaloxados aínda non puideron volver ás súas casas. Estendeuse moi rápido nunha superficie, sobre todo, de piñeiros que son moi bo combustible para o lume, como relata 
Víctor Pérez, do Plan de loita contra incendios de Estremadura. 

"Moi rápido, moi virulento, de moita intensidade e marcado pola orografía, polo vento e pola dispoñibilidade de combustible"

Os veciños cren que polo despoboamento hai moitos terreos abandonados o que facilita a propagación.

En nivel un pero sen controlar aínda está o incendio de Cañamares, en Cuenca, que arrasou 250 hectáreas nas últimas 24 horas. O director técnico da extinción di que o terreo escarpado con barrancos inaccesibles fai imposible os traballos de extinción por terra.

"A maior dificultade deste incendio é a topografía. Realmente é un dos vales máis complexos que temos nesta rexión", asegura José Almodóvar. 

A chuvia da noite pasada axudou a estabilizar algún dos incendios que rodean o parque natural dos Picos de Europa, desde León, Asturias e Cantabria. O peor é o do parque cántabro dos Collados do Asón pero 900 hectáreas xa arderon no de nivel dous de Boca de Huérgano, León. En Asturias segue sen control un dos sete incendios que provocaron os trebóns da noite no occidente da comunidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade