Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os incendios de Toques e Agolada, os únicos en nivel 2 fóra da provincia de Ourense

Os incendios de Toques e Agolada, os únicos en nivel 2 fóra da provincia de Ourense

Entre os dous suman 500 hectáreas queimadas

O lume obrigou a evacuar 30 persoas de varias parroquias do concello pontevedrés

Incendio declarado esta tarde en Agolada (EFE/ Eliseo Trigo)
G24.gal 15/08/2025 21:11

Fóra da provincia de Ourense hai dous incendios con nivel 2 de emerxencia pola proximidade do lume a núcleos habitados. Un deles no municipio de Agolada, que leva queimadas 300 hectáreas e que obrigou a evacuar 30 persoas de varias aldeas pola proximidade do lume.

O incendio comezou na aldea de Sexo. Os veciños contan que o lume chegou de súpeto e que en cuestión de minutos tíñano ás portas da casa. Mentres algúns intentaban frealo, outros, uns vinte, confináronse xuntos nunha casa ata que chegaron os equipos de extinción.

Salvado Salvado o Sexo, o lume avanzou ameazando outras aldeas de Agolada, onde houbo que evacuar 30 veciños e continúan traballando os medios. O alcalde, Luís Calvo, conta que ardeu unha granxa, aínda que non había animais dentro.

A mesa situación estana vivindo nos concellos de Toques e Melide, na provincia da Coruña. Brigadas e veciños seguen traballando para sufocar o incendio que lle afecta á serra do Careón.

O lume, con varios focos activos, achegouse perigosamente ás casas na parroquia toquesa de San Martiño de Oleiros e na aldea de Penagundín, no concello veciño de Melide. Os veciños contan que lles mandaron meterse na casa e que pasaron medo por ver o lume tan preto deles.

O incendio de Toques leva queimadas 200 hectáreas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade