Publicador de contidos

Publicador de contidos

En España aínda quedan trece incendios activos e de nivel 2

En España aínda quedan trece incendios activos e de nivel 2

Castela e León, Asturias e Galicia son as comunidades con lumes perigosos

Optimismo moderado de Protección Civil sobre os incendios forestais en España
G24.gal 23/08/2025 20:33

O comité estatal de coordinación contra os incendios, presidido este sábado por Pedro Sánchez, rematou co que a directora xeral de Protección Civil definiu como optimismo moderado. Virginia Barcones dixo que quedan trece incendios de nivel dous, é dicir, que son perigosos para a xente ou os nucleos habitados.

Somos optimistas, xa que como ven baixou de maneira significativa o número de incendios activos en nivel 2 que temos no noso país; son trece incendios, pero temos que seguir moi atentos á evolución, sinalou a directora xeral de Protección Civil.

Castela e León declarou a "alarma extrema" por incendios en 37 concellos 

Amais dos lumes galegos, os máis perigosos están en Castela e León, especialmente o de Igüeña, en León. A comunidade castelano-leonesa declarou a "alarma extrema" por incendios en 37 concellos de León, Zamora e Palencia.

Asturias loita contra tres incendios perigosos, especialmente o orixinado en Degaña

A outra comunidade con lumes en nivel dous é a tamén veciña Asturias, onde hai tres incendios activos, pero onde preocupa especialmente o que comezou en Degaña.

Sen dúbida o incendio que máis nos preocupa a estas horas, e non podemos ocultalo, é o de Degaña, o que ven de Anllares, en León, e que superou a primeira liña de defensa que tiñamos establecida, avanza polo cumio cara a Ibias, afirmou o presidente asturiano, Adrián Barbón.

Segundo os datos do sistema europeo de información sobre incendios forestais, desde o 8 de agosto arderon en España arredor de 407.000 hectáreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade