Os incendios comezan a estabilizarse en toda España
Case 223.000 hectáreas arderon en España desde xaneiro, segundo a axencia europea que mide os incendios forestais
Case duascentas vinte e tres mil hectáreas arderon en España desde xaneiro, segundo a axencia europea que mide os incendios forestais. É o 38 % do total de Europa, o que nos sitúa como o país máis afectado polos lumes.
As últimas informacións apuntan que os incendios comezan a estabilizarse en todo o territorio. En Castela e León, unha das comunidades máis afectadas, os dous incendios maiores de Ávila seguen activos, pero esperan poder dálos por controlados esta tarde.
Os incendios de Zamora e Burgos baixaron xa de nivel de risco e evolucionan a mellor.
En Castela-A Mancha déronse por estabilizados os dous grandes incendios de Humanes e Carcastillo, e en Andalucía os de Bonares, Almonte e Benahavís, o que permitiu aos veciños desaloxados regresar á casa.
Ao mesmo tempo declaráronse dous incendios novos en San Roque e Mijas, que a estas horas evolucionan favorablemente.
O mesmo sucede en Valencia, co incendio na localidade de Calles.
Nas Canarias, malia que a meteoroloxía segue adversa, o incendio que afecta o norte de Tenerife camiña cara ao seu control.