Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os hoteis de Vigo están cheos para o acendido da iluminación de Nadal

Os hoteis de Vigo están cheos para o acendido da iluminación de Nadal

Moitos establecementos colgan xa o cartel de completo para a ponte da Constitución

A ocupación media en decembro será do 70 %

G24.gal 19/11/2021 14:30

Nos hoteis de Vigo trabállase arreo na véspera do acendido das luces de Nadal. Achéganse ao 100 % de ocupación. 

A maioría son visitantes nacionais ou portugueses, que viaxan en familia. Tamén moitas excursións organizadas. Para a ponte de decembro case todos os hoteis colgaron o cartel de completo e os grupos están a reservar noutras cidades próximas.

Dende os hoteis apuntan que teñen reservas dende lugares tan afastados como Alacante e recoñecen que se antes novembro era o peor mes do ano en canto a reservas, agora seméllase xa a agosto, con boa ocupación e prezos máis altos.

O sector estima que a ocupación media no mes de decembro será do 70 %, máis do dobre do que terían nos anos que non había este reclamo turístico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar