Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os hoteis de Ourense rexistraron un 90 % de ocupación na ponte festiva

Os hoteis de Ourense rexistraron un 90 % de ocupación na ponte festiva

G24.gal 01/11/2022 20:57 Última actualización 01/11/2022 21:56

Unha longa ringleira de viaxeiros agardaba este martes na estación de Ourense para coller o tren de volta tras a ponte festiva. Moitos foron os turistas que elixiron estes días a cidade das Burgas como destino.

"Eu xa vin moita xente de fóra onte, a verdade é que si había moitísima xente". 

"Está colapsado. É que Ourense é unha cidade moi bonita".

E desa grande afluencia de xente dan boa fe nos hoteis de Ourense, que nesta ponte superaron o 90 % de ocupación e mesmo tiveron que colgar algún día o cartel de completo.

"Tivemos días completos e un par de días tivemos un cuarto libre ou como moito dous. Vén moita xente polo AVE, a verdade é que notamos un grande aumento de ocupación grazas ao principio dende Madrid, pero agora que vén dende Alacante é unha barbaridade a xente que vén".

"A verdade é que estivemos moi cheos tanto dende o venres como ata onte, que estivemos completos, e o resto dos días andamos practicamente no cheo, así que podemos dicir que foi un éxito absoluto".

Este martes xa comezaban a marchar os turistas, pero outros aínda aproveitaban este último día de ponte para visitar a cidade. 

"Andamos un pouquiño por todas as provincias, estivemos onte na Coruña, hoxe viñemos aquí, fomos ás termas da Chavasqueira e pasamos o día por aquí, que vai moi bo día, con moi boas temperaturas".

Tamén a Ribeira Sacra foi outro dos lugares escollidos polos visitantes estes días cunha ocupación de arredor do 95 por cento nas casas de turismo rural.

Aquí iniciativas como o Outono Gastronómico ou o Bono Turístico están a ser unha importante inxección para os establecementos de turismo rural nesta época do ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade