Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Vostede sáenos moi caro, señor Sánchez", dille Gamarra ao presidente do Goberno

"Vostede sáenos moi caro, señor Sánchez", dille Gamarra ao presidente do Goberno

G24.gal 12/07/2022 15:45 Última actualización 12/07/2022 20:56

A voceira do Partido Popular, Cuca Gamarra, iniciou a súa intervención recordando a memoría de Miguel Ángel Blanco, asasinado pola ETA fai 25 anos, "este mesmo día e a esta mesma hora", dixo Gamarra, quen empregou parte da súa intervención para gardar un minuto de silencio.

A voceira dos populares responsabilizou a Sánchez de ter a ETA nas institucións a través do pacto ma memoria democrática con EH-Bildu. 

Na súa resposta a Gamarra, Sánchez dixo que o PSOE traballou ao longo da súa historia "para que o terrorismo sexa unha política de Estado" e que "quen realmente utilizaron a dor das vítimas do terrorismo con fins espurios foron os dirixentes do PP".

A continuación Gamarra, responsabilizou a Sánchez da situación económica, como responsable máximo da inflación, "o imposto maior e o máis inxusto" e "o factor diferencial é vostede e o seu caótico goberno", espetoulle.

Gamarra pediulle ao presidente do Goberno que se sume ás propostas de Núñez Feijóo para rebaixar o prezo do recibo da luz. "Vostede sáenos moi caro, señor Sánchez", asegurou.

Cuca Gamarra, reprochou ao presidente do Goberno, que no canto de rectificar o rumbo e facer autocrítica optase por fuxir cara adiante e avisoulle: "serán os españois os que cambien de Goberno".

O PP acusou a Sánchez de usar o "manual do mal gobernante": negar a realidade, improvisar, evadir a responsabilidade, manipular e facer propaganda, onde rexeitou o último "mantra" de Sánchez, "iremos por todas".

"Por moita maquillaxe que poña, o precario, precario é, e o temporal, temporal é", agregou a portavoz do PP, poñendo en dúbida a mellora do emprego porque se produce tras o cambio nos contratos.

Sánchez pídelle ao PP que tome posición

Pola súa parte, o presidente do Goberno, volveu pedir aos populares que pacten a renovación dos órganos constitucionais, e dilles que se non o fan é "porque teñen outros intereses".

"Volven dicir que o principal causante da inflación é Pedro Sánchez, e polo tanto cando Pedro Sánchez non estea no Goberno o problema desaparecerá", dixo o presidente do Goberno, para a continuación pedirlle ao PP que se posicione e diga se vai apoiar as medidas anunciadas esta mañá

"Vostedes din que temos a inflación máis alta de Europa, e o problema é que sufrimos a oposición que máis minte de uropa", asegurou Pedro Sánchez.

O presidente de Vox, Santiago Abascal, advertiu este martes que a situación de España é moi grave e corre o risco de ser dramática se continúa Pedro Sánchez no Goberno e recalcou que o país necesita xa unha alternativa que o expulse da Moncloa, para o que tendeu a man ao PP.

Na súa intervención no debate sobre o estado da nación, Abascal acusou a Sánchez de utilizar as institucións para os seus obxectivos persoais e intereses ideolóxicos e reiterou a súa intención de acabar con toda a "porcallada lexislativa" do Goberno de coalición.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, acusou a Abascal de estar fóra da realidade

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, lamentou este martes que Vox tente insuflar medo, e fronte ás súas políticas apostou por lograr que os cidadáns devolvan a este partido "ao armario da historia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade