Os gastos básicos dunha mascota poden superar os 1.000 euros anuais
En Galicia, hai rexistradas máis de 800.000 mascotas, na súa maioría cans
Ademais de tempo e cariño, estes animais precisan duns coidados que cada vez son máis caros
O custo de alimentar un can dependerá moito do seu tamaño e do tipo de dieta que se escolla. Alexandre López Campos, encargado da tenda Bewi&Co en Vigo, explica que "facendo unha media dun can duns 20 quilos, pode custar a alimentación uns 60 euros mensuais".
Nos gastos máis básicos tamén entran os coidados de hixiene ou peiteado e, por suposto, vacinas e revisións veterinarias.
Francisco Rodríguez Criado, veterinario e xerente da Clínica veterinaria García Barbón, subliña que "cando adoptamos un can hai que ter en conta o tamaño.
Co tema da desparasitación será máis caro se ten máis peso e tamén custará máis unha operación".
Pero sempre poden aparecer imprevistos que alteren esas contas. "Podemos falar de entre 800 e mil euros para unha fractura non moi complicada a 2.000 ou 3.000 dependendo...", reflexiona o veterinario.
Hai xa moitos propietarios que optan por facer seguros privados para as súas mascotas. Con todo, malia os gastos, a maioría non botan contan á hora de manter un máis na casa. Galicia é unha das comunidades co maior ratio de cans por habitante, con máis de 700.000 rexistrados.