Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda destaca o papel do sector da construción para duplicar o parque de vivenda pública

Rueda destaca o papel do sector da construción para duplicar o parque de vivenda pública

Subliña que a Xunta declarou o sector como estratéxico no mes de febreiro, unha decisión avalada polo seu peso económico

Alfonso Rueda, durante a entrega da Insignia de Honra da Federación Galega da Construción
G24.gal 24/09/2025 16:51

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, puxo en valor este mércores o papel do sector da construción para duplicar o parque público de vivenda nesta lexislatura.

Na entrega da Insignia de Honra da Federación Galega da Construción e acompañado pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, Rueda destacou que a entidade leva décadas sendo a voz dunha actividade clave para a Comunidade, defendendo aos seus asociados, actuando como interlocutora ante as administracións e formulando propostas realistas e comprometidas.

O titular do Goberno galego sinalou que a construción é un sector "cada vez máis complexo, variado e necesitado de dinamismo", un motor "económico e de cohesión", tamén parte da marca Galicia Calidade.

Un sector estratéxico

Neste sentido lembrou que no mes de febreiro foi declarado polo Consello da Xunta como estratéxico, unha decisión avalada "polo que significa o sector da construción en Galicia" tendo en conta os seus datos de actividade, xa que supón ao redor do 5,7 % do PIB galego e emprega a miles de profesionais.

En materia de vivenda, o presidente indicou que este é un dos grandes compromisos da lexislatura "que necesita ser executados", e que a Xunta puxo en marcha unha estratexia ambiciosa para duplicar o parque público residencial, de 4.000 a 8.000 vivendas.

Así, detallou que preto de 3.000 xa están en marcha, das que 825 atópanse en obras, cun investimento de 451 millóns de euros e 208 xa licitadas. Ademais, están en tramitación nove proxectos de interese autonómico que permitirán habilitar 25.000 vivendas máis.

Informe 'Licitación en Galicia'

A Xunta destacou o informe 'Licitación en Galicia', elaborado pola propia Federación, reflicte un incremento do 36 % nas licitacións da Xunta no sector entre xaneiro e xullo deste ano, ata alcanzar os 330 millóns de euros.

Neste sentido, Rueda subliñou o impulso de obras públicas estratéxicas, como novas autovías ou infraestruturas de mobilidade sostible, que buscan mellorar a vida cotiá da cidadanía e reforzar a competitividade económica da Comunidade, e tamén incidiu a importancia da colaboración público-privada.

Ademais, o xefe do Executivo autonómico referiuse ás dificultades que enfronta o sector, como a falta de man de obra cualificada ou o absentismo, e apuntou que a Xunta está a apoiar a construción industrializada para gañar en axilidade, eficiencia e seguridade, á vez que se abren novas oportunidades laborais, formativas e de innovación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade