Un caimán valenciano logra o rexistro de marca europeo malia a oposición de Lacoste
A multinacional francesa opoñíase alegando que xeraba confusión de marca nos consumidores
O dono de Dr. Caimán di que foi unha loita de David contra Goliat e que moitas veces pensaron desistir
Trala resolución da Oficina de Propiedade Intelectual da Unión Europea (EUIPO) van relanzar a marca
En 2022 unha empresa valenciana lanzou unha liña de cosmética masculina co nome de Dr. Caimán, e un ano despois tramitou o rexistro da marca a nivel europeo, pero sorprendentemente atopáronse cunha oposición frontal por parte da multinacional Lacoste.
"Porque hai un réptil, iso é suficiente para eles para impedir o rexistro de marca", di.
Lacoste argumentaba que tanto o deseño gráfico coma a o produto podían provocar confusión nos consumidores con algunha das súas liñas cosméticas. Iso supuxo un gran revés para a empresa valenciana, que tivo que frear a súa produción durante dous anos e moitas veces pensou en abandonar, di o Juan Cárdenas Romero, o propietario da marca, "porque era unha loita de David contra Goliat".
Asegura que nunca pretenderon xerar confusión de marcas e que por iso decidiron ir ata o final.
Este ano, por fin, a Oficina de Propiedade Intelectual Europea, EQUIPO, dálles a razón, porque considera que as diferenzas son suficientemente marcadas como para excluír o risco de confusión ou asociación que alegaba Lacoste.
"O caimán comeu o crocodilo, si. Pero non lles teño rancor; se eu tivese unha marca con ese prestixio faría exactamente o mesmo".
Dr. Caimán xa pode operar a nivel europeo con todas as da lei, e por iso a empresa di que vai relanzar a marca, como pretendían en 2023. Juan Cárdenas, ademais, fai explícito o seu fair play comercial, e xa volve vestir os famosos polos da marca francesa, que deixou de poñer nestes dous anos, porque recoñece a súa gran calidade.
