Publicador de contidos

Publicador de contidos

Na era do comercio dixital, os mercados semanais resisten en Galicia

Na era do comercio dixital, os mercados semanais resisten en Galicia

En localidades como a coruñesa de Ordes, a veciñanza cítase na praza do Campo da Feira cada mércores

G24.gal 24/09/2025 14:29

Máis de 200 localidades galegas celebran unha feira ou mercado semanal. En Ordes fano os mércores. Aquí un cento de tendeiros ofertan os seus produtos. Hoxe son maioría os postos de roupa e calzado, pero hai case, case de todo.

"Levo un ano buscando unha boina, algo tan galego e non hai", di un home.

"Veño todos os mércores... dar unha volta, tomar o chocolate e uns churros", comenta unha muller.

"Hoxe penso que está frouxo", valora outra persoa.

Unhas semanas máis frouxas que outras, o certo é que os mercados resisten, e con clientela fixa... nun momento no que a facturación do comercio en liña segue medrando.

"Hai que actualizarse". "Eu levo 20 anos e temos boa clientela", di un vendedor de flores.

Segundo datos recentes, máis da metade dos galegos fan compras por Internet, pero as feiras cumpren tamén unha función social.

"Na aldea non atopas ninguén, só se tocas o timbre, aquí veño e gozo vendo os veciños".

"Non creo que aquí compren moito por Internet, é tamén social", contan dous homes.

Sempre o enxeño e as ofertas poden, tiran das vendas.

"Plantei grelos. Se compran as flores, regalareille uns grelos, isto é actualizarse, entendes?", di un vendedor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade