Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mercado lugués de Frigsa estrea normas entre queixas dos feirantes polo cobro de taxas

O mercado lugués de Frigsa estrea normas entre queixas dos feirantes polo cobro de taxas

A Policía Local mantivo unha vixilancia estreita para evitar problemas na instalacións dos postos

A Policía Local vixiou desde primeira hora o mercado para evitar incidentes e sancionou vendedores ilegais
G24.gal 23/04/2024 13:19

Desde primeira hora, a Policía Local vixiaba para evitar problemas na distribución dos postos, aspecto que xerara altercados hai meses. O mercado de Frigsa, en Lugo, estreaba as novas normas ditadas polo Concello, e por iso houbo un especial control para evitar a presenza de feirantes non autorizados. Un día máis, houbo varias sancións.

Moitos vendedores aplauden ese control. O que xa non lles gusta tanto é o tema económico. O Concello obrígaos agora a ingresar nun só pago as taxas de todo o ano. Por iso reclaman que se fraccione.

Un total de 104 feirantes renovaron autorización e contan xa cun espazo fixo, pero aínda quedan 27 postos libres e 14 vendedores habituais quedaron fóra. Outros séntense discriminados porque non lles deixan vender dentro do recinto en condicións semellantes ás do mercado da praza de abastos.

O Concello di que pretende ordenar e darlle pulo a este mercado. Para iso, por exemplo, vai ser máis esixente nos controis de asistencia, sancionando os feirantes que non abran o posto durante oito días consecutivos ou doce alternos en tres meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade