Publicador de contidos

Publicador de contidos

O día do vendedor ambulante na feira de Xinzo

O día do vendedor ambulante na feira de Xinzo

Percorren centos de quilómetros, pasan horas e horas montando e desmontando e traballan á intemperie

Destacan a liberdade de horario e o bo trato coa clientela como o máis positivo de ser vendedor ambulante  

G24.gal 14/11/2025 14:28

Hoxe é o día do vendedor ambulante, 14 novembro, feira en Xinzo de Limia. Por iso nos achegamos ata alí para facer unha homenaxe a estes traballadores da intemperie, errantes, que botan horas montando e desmontando pero que seguen vendendo de vila en vila porque quedan co bo: o trato coa súa clientela. 

Enrique, entre mercados dende cativo, ten gañada as clientas. Fina, máis de trinta anos montando e desmontando, hoxe pon só unha mesiña ao pé da súa furgoneta por se arroia, liscar axiña. Di que o positivo é que só traballan de mañás e que se un día faltan, non pasa nada. Dende os 14 anos levaba voceando o Lolo nas feiras, cambiou o conto, agora grávase co móbil e reprodúceo nun altofalante.

O Iago da Cañiza foi outro que se modernizou, vende por Facebook e Instagram. Comezou de adolescente axudando unha veciña feiranta para poder pagar as botas de marca que levaban os seus amigos. Aquí segue, repartindo rifas entre a clientela para o sorteo dun lote de produtos. 

Como para mercar en Temu ou en Shein tendo vendedores ambulantes como temos no país!

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade