Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os empresarios defenden especializar os aeroportos galegos

Os empresarios defenden especializar os aeroportos galegos

Os concellos da Coruña e Santiago reclámanlle a Xunta que impulse un sistema aeroportuario galego

O alcalde de Braga pide superar os localismos e impulsar un movemento de "país" para defender os intereses de Galicia en Madrid ou Bruxelas

O ano pasado, a terminal do Porto moveu 15,9 millóns de pasaxeiros. As tres galegas xuntas non chegaron aos 6 millóns.

Ryanair asestoulles o último golpe aos aeroportos galegos
G24.gal 24/09/2025 13:48

Os datos falan por si mesmos. En 2024, pasaron polo aeroporto de Sá Carneiro 15,9 millóns de pasaxeiros. A suma do tráfico nas tres terminais galegas non chegou aos seis, concretamente foron 5,9 millóns de viaxeiros. Pero hai un dato aínda máis significativo. Uns 5 millóns de galegos elixiron a terminal portuguesa para ir ou vir de viaxe.

O último golpe deullo Ryanair. A liña aérea de baixo custo anunciaba hai uns días o peche da súa base na capital galega e a cancelación de todos os voos a Vigo o vindeiro ano. 

A preocupación é evidente entre os pasaxeiros pero tamén nas administracións. Esa preocupación púxose en evidencia no foro organizado polo Club Financeiro de Santiago e no que estiveron presentes, entre outros, a alcaldesa de Santiago, o concelleiro de Turismo da Coruña, a directora xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia ou o rexedor de Braga. 

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, foi especialmente crítica coa actitude do Goberno Galego. Considera que debe abandonar o seu papel "pasivo" e tomar cartas no asunto. Liderar unha fronte cos concellos para impulsar un sistema aeroportuario galego. A rexedora anuncia que vai pedir unha xuntanza co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para trasladarlle a disposición de Santiago a colaborar pero tamén para esixirlle que dea un paso adiante e elabore unha estratexia común para as tres terminais. "Isto víase vir", sostén a alcaldesa da capital galega. 

Desde a administración galega amósanse dispostos a "seguir liderando", pero apuntan a Madrid. Sosteñen que o que hai detrás da perda de voos en Galicia hai unha "falla de compromiso" por parte do ministerio de Transportes que dirixe Óscar Puente. A directora xeral de Mobilidade aclara que o responsable de coordinar a política aeroportuaria e o Ministerio e acusa a Aena de buscar só "os beneficios". 

Os empresarios galegos cren que chegou o momento de deixar atrás as disputas localistas e remar todos nunha soa dirección. O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, recoñece que a opción de pechar terminais non é viable, pero si se pode aproveitar de maneira eficiente toda a infraestrutura. Avogan por especializar as terminais, ao estilo do que se fixo en Euskadi. 

Desde Portugal, o alcalde de Braga aposta por crear unha conciencia de pais involucrando todos os actores sociais. Lembra que os aeroportos de Vigo, Santiago e A Coruña, son tamén de Lugo, Ourense ou Pontevedra polo que recomenda involucrar aos axentes sociais destas cidades no deseño do sistema aeroportuario galego, a imaxe e semellanza do que fixeron con Sá Carneiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade