Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cen consellos para o éxito empresarial no encontro de directivos

Cen consellos para o éxito empresarial no encontro de directivos

Liderado emocional e recoñecemento laboral do equipo, claves do éxito da empresa

G24.gal 19/11/2025 14:14 Última actualización 19/11/2025 14:54

Ángeles Aguilar decidiu emprender tras unha longa traxectoria laboral na mochila. Hoxe lidera a súa propia sociedade de taxación inmobiliaria cun equipo de 85 persoas.

"Hai que facer que a ente se sinta moi recoñecida non só economicamente. Tamén laboralmente", di a responsable do Grupo ATValor.

É un dos consellos para atraer talento ás empresas. Unha das claves do éxito empresarial nun mercado laboral no que o capital humano é fundamental.

"Hai unha relación directa entre o salario emocional, entre as persoas, e o rendemento das empresas na parte económica", asegura Joaquín Dosil, presidente de Libredón.

Un liderado emocional que tamén tratan de aplicar nas empresas deportivas.

"Lideramos desde a empatía tendo máis en conta a parte emocional e persoal. Tamén é importante esa visión de liderado máis transversal", di Beatriz Álvarez, presidenta da Liga F.

Receitas probadas con éxito nun grupo de empresas que facturan máis de 100.000 millóns de euros nun mercado internacional con oportunidades.

"Creo que é un momento decisivo. Como o está sendo Galicia que está saíndose do mapa. Realmente vai moi ben. Os empresarios, a innovación que se está facendo en sectores punteiros, as exportacións", opina Isabel Tocino, vicepresidenta de Santander España. 

Uns resultados que os empresarios galegos buscan seguir mellorando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade