Publicador de contidos

Publicador de contidos

A guerra no Pérsico desvía o transporte por mar e paraliza envíos de mercadoría en Galicia

A guerra no Pérsico desvía o transporte por mar e paraliza envíos de mercadoría en Galicia

As empresas de loxística reprograman as rutas día a día para evitar as zonas de risco

Hai mercadorías detidas en orixe porque non se poden asegurar os transportes

G24.gal 03/03/2026 14:43

A guerra en Irán sacode o transporte marítimo. O bloqueo do golfo Pérsico e os riscos no Mar Vermello fixeron xa que grandes navieiras de todo o mundo desviasen as súas rutas para evitar as zonas de perigo. Algunhas compañías xa o fixeran dende que estalara o conflicto cos hutís en Iemen pero agora son máis.

En terra, as empresas de loxística, tamén en Galicia, seguen os acontecementos minuto a minuto para reprogramar os envíos. O Pérsico e algúns dos seus emiratos son portos de transbordo para as grandes rutas que conectan Asia con Europa e agora algunhas desas escalas non se poden facer.

"Os barcos que veñen do océano Índico subindo non poden acceder aos portos de Dubai e Abu Dhabi", explica sobre un mapa na oficina de Vigo Pepe Montenegro, comercial de Vasco Shipping, unha empresa especializada no transporte de contedores por mar.

"Substituíndoos por outros portos de distribución. Por tanto, nós estamos recibindo cada día novidades de cada navieira sobre como vai traballar agora dadas as circunstancias", engade Xoan Martínez, o CEO de Kaleido, a multinacional da loxística con sede en Vigo.

A primeira consecuencia que se pode notar na Economía é a suba do prezo do petróleo. En terra, pode sentirse nun aumento do que haberá que pagar polos combustibles; no mar, subirán os custos de navegación. A medio prazo, iso tamén pode acabar tendo efecto nos mercados.

En Galicia xa hai envíos paralizados. Son mercadorías, como conservas, por exemplo, que de momento non se poden embarcar porque nin as rutras nin os portos de destinos están asegurados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade