Villares: “Para os rivais é fodido enfrontarse ao Dépor, e iso é o que queremos”
O capitán celebra o bo momento, pero pon os pés na terra e advirte da chegada “dun calendario moi complicado”
O Deportivo estreará a súa condición de líder o sábado en Ipurúa. Dura proba ante un Éibar que é o mellor equipo como local. Con todo, o bo inicio de campionato do Dépor aumenta as opcións de que os brancos e azuis poidan saír ben parados do partido. As sensacións, apunta Diego Villares, son o mellor aval para crer no Deportivo.
“Iso é o mellor. Máis aló dos resultados, temos que quedar co que sentimos os xogadores no campo”, apunta o capitán.
“Sabemos que levamos moi pouquiño de liga, pero é algo anecdótico. Esperamos que a final de tempada poida ser así tamén”, engade.
Destaca Villares que baixo a dirección de Antonio Hidalgo, o Deportivo logrou dar forma a un equipo que se lle atragoa a todos os rivais.
“Somos un equipo moi difícil. Para os rivais é fodido enfrontarse ao Depor. E iso é é o que queremos ser”, explica ante os medios de comunicación.
Por último, referiuse ao seu futuro. Abriu as portas para poder ampliar o seu contrato co Deportivo.