Os gandeiros protestan polas novas normas sobre fertilización do solo
A medida que máis lles preocupa é a prohibición do sistema actual de aplicación do xurro
Críticas do sector agrogandeiro galego aos últimos decretos aprobados polo Ministerio de Agricultura sobre fertilización do solo e dixitalización das granxas. Unións Agrarias entende que se está a poñer en risco a viabilidade das explotacións.
Os gandeiros teñen un ano para aplicar as medidas que acaba de aprobar o Ministerio de Agricultura, coas que van mudar as formas de traballo nas explotacións. A que máis os preocupa: a prohibición do sistema actual de aplicación do xurro.
Reducir de forma progresiva o uso de fitosanitarios, ata un 50 % en 2030, é outro dos obxectivos do Goberno, que tamén busca unha maior dixitalización do sector coa implantación do caderno dixital.
Outra das novidades: a que determinará as distancias que deben gardar as granxas entre si e cos núcleos de poboación.
Unións Agrarias sostén que podería estar en risco a viabilidade das explotacións, sobre todo das de menor tamaño.