Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os folguistas sacan os camións á estrada no quinto día de paro

Os folguistas sacan os camións á estrada no quinto día de paro

Cortan o tráfico en varios puntos da A-6 en Lugo

Caravanas de marcha lenta en na A-52 en Ourense e na A-55 entre Tui e O Porriño

En Lugo recibiron o apoio dos gandeiros

G24.gal 18/03/2022 21:52

Os transportistas en paro decidiron nesta quinta xornada de folga poñerse mans ao volante. E pactaron coa Garda Vivil as rutas para a protesta. En Ourense, camións da cooperativa Coren participaron na marcha lenta desde Barbantes ata Xinzo de Limia que condicionou o tráfico na A-52 en todo o treito. Algúns camións mesmo entraron no centro urbano de Ourense

Unha caravana de case douscentos vehículos circulou entre o polígono de Areas e a Avenida de Madrid en Vigo. Con toda a retranca aplaudían aos choferes que traballaron os folguistas mobilizados no municipio lugués do Corgo. Cortaron durante media hora a A-6.

Intentárono en pPedrafita e conseguírono en Guitiriz. Cortes puntuais que non molestaron moito a circulación. Os convocatntes do paro piden negociar co Goberno unha solución para os prezos disparados do combustible.

Os de Lugo, recibiron o apoio dos gandeiros, afectados pola protesta, pero tamén pola carestía de enerxía e materias primas. Dúas persoas en Palas de Rei e unha no Porriño foron identificadas como supostos responsables dos delitos de coaccións e condución temeraria. Desde a Delegación do Goberno condenan os actos violentos da protesta.
 

Os integrantes na Plataforma en Defensa do Sector do Transporte por carretera, convocantes do paro, aseguran que seguirán adiante coa folga ata que o goberno decida atender as súas demandas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar