Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Os fogares pagarán un sobrecusto de 260 euros pola electricidade este ano
Son cálculos da OCU cunha potencia contratada de 4,6 kW e un consumo de 3.500 kWh ao ano
                            G24.gal
                        
                            05/11/2021 13:05
                        
                        
                        
                        
                    
                    As asociacións de consumidores denuncian o forte impacto que está tendo a suba da luz no presuposto dos fogares. Suporá un sobrecusto superior os 260 euros mensuais respecto ao ano pasado, segundo os cálculos da OCU.
E unha mostra é o recibo de outubro, que vai rozar os 101 euros, segundo a OCU, o prezo máis elevado da historia.
A cifra de sobrecusto anual aumenta ata os 854 se sumamos o incremento do gas natural e dos carburantes. Unha tripla combinación temible para os petos, segundo advirten dende as asociacións de consumidores.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                .png) 
    
         
    
         
            
         
            
                 
            
                