A factura da luz depende da hora
Entre as 00 e as 8 horas está a electricidade máis barata
Coa luz en máximos, cada hora na casa conta na próxima factura. Na práctica, porén, non todos miran a que hora usan os electrodomésticos. "Utilízoos cando me fan falta. Non miro", dínnos os veciños.
E que di a factura da luz sobre isto?
A consultora enerxética, Mariangella Miñan, explícanos: "A factura, por moi simplificada que veña, é máis difícil entendela. Os consumos están divididos en tres períodos moi importantes, o que pasa é que temos que adaptar o noso consumo a eses horarios".
Os electrodomésticos máis modernos xa permiten programarse, e esa pode ser a mellor forma de aforrar na factura da luz. O ideal é que funcionen nas horas máis baratas, entre as 2 da madrugada e as 8 da mañá.
Outro veciño apunta: "Non os programo, pero sempre os poño pola noite e así non me fan ruído e sei que é o máis barato nese momento".
Unha lavadora consome 2 kilowatts ao mes, pero poñela nun horario ou noutro pode supor un 30 % de diferenza na factura.
Mariangella Miñan di que "nos electrodomésticos que consomen -lavadora, forno...-, máis, pode haber unha diferenza duns 15 euros ao mes".
Cando menos, convén revisar a factura da luz unha vez ao ano.