Publicador de contidos

Publicador de contidos

Uns 500 de fogares da Mariña pagan un 80 % menos na factura da luz ao estaren preto do parque eólico

Uns 500 de fogares da Mariña pagan un 80 % menos na factura da luz ao estaren preto do parque eólico

Son 56 os núcleos de poboación beneficiados pola medida situados en Ribadeo, Trabada e Barreiros

O parque que xa leva xerando enerxía desde finais do ano 2025 convertese nunha referencia dentro do panorama eólico da comunidade

G24.gal 25/03/2026 15:25

Medio milleiro de fogares da Mariña xa pagan un 80 % menos na factura da luz por estaren preto do parque eólico Mondigo, o primeiro que xestiona a empresa semipública Recursos de Galicia. Trátase de que a explotación do parque deixe un retorno directo na zona.

Son 56 os núcleos de poboación beneficiados pola medida situados en Ribadeo, Trabada e Barreiros. O parque que xa leva xerando enerxía desde finais do ano 2025 convertese nunha referencia dentro do panorama eólico da comunidade.

Para poder solicitar a anexión ao proxecto os veciños terán que cubrir o formulariuo na páxina web do parque. Para aqueles que non están familiarizados coas novas tecnoloxías, os concellos porán a súa disposición personal especializado.

Os veciños pola súa parte agardan que esta medida se reflicta na factura de cada mes. Eso si prefiren esperar a que chegue a primeira para saber se o desconto será significativo.   

Esta é a primeira inversión en activos de xeración de enerxía renovable da empresa Recursos de Galicia, iso si, espérase que non sexa a última.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade