Os familiares das vítimas do Villa de Pitanxo urxen o Goberno a baixar ao barco e recadar probas
Os familiares dos falecidos no Villa de Pitanxo din que é urxente baixar ata o barco para recadar probas antes que acabe o verán. Esta foi a petición que lle fixeron esta mañá en Madrid á ministra de Transportes. Agardan que reunión poña fin ao que cualifican coma unha pasividade total do Goberno español para esclarecer o sinistro.
Esta mañá en Madrid reiteraron a súa demanda nunha reunión coa ministra de Transportes. Consideran que o Goberno español ten a obriga de investigar o naufraxio de acordo coa lexislación internacional e insisten en que non hai ningunha razón técnica que xustifique a súa pasividade
"Pero nós aquí hoxe no viñemos botar en cara o que non fixeron, vimos a que o fagan xa!", esixe María José de Pazo, voceira dos familiares das vítimas do naufraxio.