Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os familiares das vítimas do Villa de Pitanxo entrevístanse coas autoridades canadenses

Os familiares das vítimas do Villa de Pitanxo entrevístanse coas autoridades canadenses

Seguen pedindo que se baixe ao barco para esclarecer as causas do afundimento

G24.gal 07/07/2022 20:44

As familias do Villa de Pitanxo chamaron ás portas do Canadá en busca de respostas. Chegaron por videoconferencia desde o servizo de Salvamento Marítimo de Terra Nova á embaixada canadense en Madrid. 

"O Canadá hoxe cumpriu. Ao Canadá as familias pedímoslle sen ser nacionais canadenses e déronnos información. E abriron unha ventá para seguir informándonos", di María José de Pazo, voceira das familias.

Información sobre o rescate dos mariñeiros do Villa de Pitanxo. Os barcos que participaron. As horas. Resolveron as dúbidas das familias. Querían saber tamén os prazos, os trámites para poder baixar aos restos do buque.

"Unha comunicación. Tería que facerse unha comunicación ao porto máis próximo"dixo María José de Pazo, voceira das familias

E nada máis. Trámite rápido e sinxelo. O único atranco, a decisión de baixar, depende do Goberno de España e non hai resposta.

"Por favor. O Goberno español aínda está a tempo de tomar decisións, que as tome e polo menos que dea información ás familias. Seguimos á espera de que o presidente Sánchez nos responda", insistiu De Pazo. 

Agardan a resposta do presidente Pedro Sánchez, da vicepresidenta Yolanda Díaz e agora tamén da ministra de Transportes Raquel Sánchez. E agardando pasa o tempo do verán, o que ten as condicións propicias para facer unha inspección aos restos do Villa de Pitanxo.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade