Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os fabricantes de automóbiles propoñen que as axudas para a compra de vehículos non tributen no IRPF

Os fabricantes de automóbiles propoñen que as axudas para a compra de vehículos non tributen no IRPF

A cota de vendas do coche eléctrico en España só foi do 9,6 % o ano pasado, moi por debaixo doutros países europeos como Portugal, onde está no 20 %

As medidas que propón AFAC serían para desenvolver nos próximos dous anos, e inclúe tamén a ampliación de puntos de recarga de coches eléctricos fóra das cidades

Factoría de Stellantis en Vigo Factoría de Stellantis en Vigo
G24.gal 26/01/2023 09:35

Este ano é clave para impulsar a entrada no mercado español de vehículos eléctricos e dende o sector da automoción deseñaron un plan cunha serie de medidas para contribuír tanto ao futuro industrial das factorías como á redución de emisións.

José López Tafall, director xeral da Asociación de Fabricantes de Automóbiles e Camións, estivo este xoves na entrevista do informativo 'Bos días' para explicar as medidas que a súa asociación considera primordiais para potenciar as vendas de coches eléctricas en España; unhas vendas que están moi por debaixo doutros países da Unión Europea, como por exemplo o veciño Portugal.

"O que nós pensamos é que recuperamos ou recuperamos estes dous próximos anos un ritmo moito máis rápido do que levamos agora ou imos quedar atrás respecto de Europa".

Desde a Asociación de Fabricantes de Automóbiles e Camións (AFAC), explica José López Tafall que pensan nunha folla de ruta con medidas concretas xa para este ano e de aquí ao ano 25.

"Hai que facer todos os esforzos para volver onde estabamos en vendas e produción"

Para AFAC é unha prioridade recuperar mercado e produción para evitar pór en risco o emprego e o peso industrial que ten a automoción española.

"Temos que darnos de conta de que cun mercado de 800.000 turismos matriculados, que é un 35 % menos do que tiñamos antes da crise, cunha produción que está arredor de 2,2 millóns de vehículos, estamos moi lonxe do nivel e volume que precisa todo este sector para poder manter a actividade".

Insite Tafalla en que "hai que facer todos os esforzos para volver onde estabamos", e engade que a partir de aí "hai que focalizarse moito en impulsar a electrificación, que tamén é un requisito en Europa".

A cota de vendas do coche eléctrico en España só foi do 9,6% o ano pasado

En España, soben as vendas de coches eléctricos, pero aínda están moi lonxe do obxectivo ideal marcado por Europa para cumprir os obxectivos e descarbonización. España pechou o 2022 coa de máis de 78.000 vehículos eléctricos, lonxe da meta que era chegar ás 120.000 unidades.

"O ano pasado a cota de penetración do vehículo electrificado foi do 9,6 %, pero, por exemplo, Portugal está por enriba do 20 %", concreta o director xeral de AFAC.

"Isto significa que hai que tomar medidas de impulso de infraestrutura e medidas dos plan de demanda", insiste Tafall, "incluíndo que as subvencións á compra estean exentas de IRPF".

As axudas europeas están centralizadas na industria

Insiste o director xeral de AFAC que "hai que entender que isto é unha carreira, que as mesmas axudas europeas que temos nós, outros países tamén as están recibindo. A maioría das axudas do PERTE están centralizada na industria e aí aínda temos que traballar xuntos, co Goberno, pero amais destas axudas os países destinan recursos e prioridades ás súas políticas".

Tafall salienta que se precisan a maiores doutras medidas e que hai moitas que non dependen de Bruxelas e que ten que deseñar o Goberno en función dos obxectivos.

"Por exemplo, todo o tema de oficialidade é un ámbito que non depende de Bruxelas e outros países están facendo medidas activas e nós non. A prioridade de infraestrutura de recarga tampouco depende de Bruxelas. En Alemaña o Ministerio de Transportes é o que centraliza onde teñen que ir os puntos de recarga e acaba de destinar 2.000 millóns de euros para puntos de recarga en zonas rurais. Aquí non temos nin uns obxectivos vinculantes para este ano, para saber cantos queremos".

Lopez Tafall anima a comprar un coche eléctrico ou un novo de combustión, "con iso xa reducimos as emisións"

José Lopez Tafall anima os consumidores a comprar un coche eléctrico puro ou un híbrido enchufable, porque se vai sorprender da "marabilla que é conducir un vehículo destes".

Para os que non estean tan convencidos polo "ámbito onde viven ou o uso diario, que tamén hai que telo en conta, diríalles contada tranquilidade que cambien por outro vehículo de combustión, porque xa facendo iso van reducir as emisións".

Medidas propostas por AFAC para facilitar a compra de vehículos eléctricos

"Facilitar a compra e incentivar a venda de coches eléctrico que a subvención do Goberno non computase como ingreso no IRPF. En temas de recarga eléctrica precisamos saber que obxectivo temos cada ano, hai que mellorar moito a parte administrativa de conectividade e ten que haber plans específicos para a recarga de alta potencia fora do ámbitos urbanos".


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade