Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os expertos advirten dos episodios de calor extrema, cada vez máis habituais

Os expertos advirten dos episodios de calor extrema, cada vez máis habituais

Este sábado poderían baterse récords de temperatura, principalmente na provincia de Ourense

Os expertos aseguran que o cambio climático está alterando as estacións

G24.gal 21/05/2022 14:49 Última actualización 21/05/2022 15:03

As previsións marcan un episodio de calor extremo e anómalo. Espéranse valores moi altos para a época do ano e poden batirse récords nalgunhas zonas con temperaturas entre 10 e 15 graos por riba dos valores propios desta época.

Os expertos advirten de que estes episodios, antes inusuais, son cada vez máis frecuentes e comezan antes.

"En maio era moi raro que se alcanzasen os 30 graos e xa nas últimas dúas décadas houbo varios episodios nos que se superou os 30, incluso os 35 e 36 graos, en moitas zonas de Galicia, sobre todo na provincia de Ourense. Isto é unha evidencia de que o cambio climático non é algo de futuro, está aí e que está a producir cambios importantes sobre todo nas temperaturas", asegura Alberto Martí, profesor de Climatoloxía da USC.

Deste xeito, o cambio climático está alterando as estacións. A época de temperaturas altas ensánchase, con outonos e primaveras máis cálidas, reducíndose o período intermedio entre inverno e verán.

"A mediados de século os primeiros días con temperaturas de 30 graos alcanzábanse a mediados de xuño ata mediados de setembro. Tiñamos un período de tres meses nos que tiñamos días calorosos, cando se superan os 30 graos. Na actualidade este período de tres meses ampliouse a seis meses, é dicir, xa desde mediados de maio e incluso desde algún día de abril e ata mediados de outubro pódense producir estes días de calor, o verán estase ensanchando e os outonos están a ser cada vez máis calorosos", di Alberto Martí, profesor de Climatoloxía da USC.

Os expertos advirten tamén que co incremento da temperatura global, o cambio climático podería levarnos a unha nova pandemia. Moitos animais están migrando dos seus hábitats, o que aumenta o risco de transmisión de virus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade