Os estudantes e ususarios reclaman melloras nas estradas do campus da USC en Santiago
Denuncian o estado das infraestruturas viarias e das beirarrúas
Unha comisión técnica do Concello e da institución académica estuda e delimita a titularidade dos espazos que ocupa o campus
"Está fatal, cando chove non se pode andar". "Está bastante mal, bastante levantado como podedes ver pero é o que hai".
Son as queixas de quen se move a diario polo campus sur de Santiago. Estudantes e usuarios reclaman melloras nas estradas, nas beirarrúas e en toda a contorna.
"Leva bastante tempo desde que empecei a estudar e agora estou traballando. En dez anos eu non vin obra ningunha aquí".
"Que o arranxen, que estamos pagando e necesitamos un camiño seguro". "Xa houbo caídas e accidentes".
Nunha zona próxima á facultade de Ciencias da Educación hai estacionados un cento de coches a pesar das fochancas que deben sortear ao entrar e saír.
"Hai moito sitio pero está fatal, os coches todos mal aparcados. É fácil dar un golpe. Se estivera asfaltado e as prazas pintadas, sería mellor para nós".
"A culpa algo tamén é nosa, empezamos a estacionar aquí pero non é un aparcadoiro".
Unha comisión técnica do Concello e a USC aborda a formalización da titularidade municipal das rúas e zonas verdes do campus. Ao parecer hai pendente a delimitación e deslindes destes espazos.