Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os equipos galegos, inmersos mañá na loita polo ascenso na 1ª RFEF

Os equipos galegos, inmersos mañá na loita polo ascenso na 1ª RFEF

O Celta Fortuna visita Tarragona pola mañá 

O Lugo intentará prolongar a mala serie do Barça Atlétic (16 h, G2 e AGalega.gal)

O Arenteiro recibe a Ponferradina no Espiñedo (18 h, G2 e AGalega.gal)

G24.gal 20/04/2024 16:42

Nastic de Tarragona e Celta Fortuna chegan ao partido de maña ao mediodía empatados a 57 puntos. Os vigueses, en boa dinámica, mídense a un aspirante ao ascenso. Os de Fredy son os terceiros e os cataláns ocupan a cuarta posición.  Albíscase espectáculo. 

A primeira hora da tarde e tamén a través desta casa poderán seguir o encontro entre o Barça Atlétic e o Lugo. O equipo de Trashorras suma tres derrotas consecutivas. Para o técnico lucense será unha visita ben especial.

Dúas horas más tarde: Arenteiro-Ponferradina no Espiñedo, partido que tamén poderán ver na G2. O equipo de Javi Rey, que agarda un partido moi pechado, suma seis partidos sen perder e está a oito puntos do play off.

O Espiñedo volverá a vivir unha boa tarde de fútbol ante un dos galos da categoría.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade