Cargando resultados...
Os encoros galegos dobran a media estatal de auga grazas ás chuvias da última semana
O Goberno declarou tres novas reservas hidrolóxicas nas provincias de Ourense e Lugo

G24.gal
29/11/2022 21:05
Última actualización 29/11/2022 21:32
Os encoros galegos, grazas ás chuvias de outono, alcanzaron só na última semana o 62 por cento da súa capacidade, case o dobre ca a media do Estado.
O Ministerio para a Transición Ecolóxica rexistra un 53 por cento na cunca do Miño e máis dun 70 por cento nos de Galicia-Costa, que constitúen a reserva hidrolóxica máis chea de toda España.
O Consello de Ministros declarou este martes tres novas reservas hidrolóxicas en Galicia: as cuncas ourensás dos ríos Xares e San Xil e a subterránea do Pedregal de Irimia, en Lugo.