Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un raio provoca un incendio forestal preto de dúas aldeas en Boborás

Un raio provoca un incendio forestal preto de dúas aldeas en Boborás

Preocupa a súa situación, na zona alta da montaña, xa que se está a estender cara as poboaciós da Fenteira e Sonelle

Imaxe cedida polo concello de Boborás Imaxe cedida polo concello de Boborás
G24.gal 14/06/2026 12:11 Última actualización 14/06/2026 12:53

O concello de Boborás informou dun incendio causado por un raio na parroquia de Moreiras. Os medios de aéreos xa están actuando para a súa extinción na zona entre O Gabián e Becoña. 

O lume inicouse sobre as 22:00 horas do sábado. Segundo traslada a consellería do Medio Rural, para a súa extinción mobilizáronse 2 técnicos, 4 axentes, 8 brigadas, 5 motobombas, 2 unidades técnicas de apoio, 4 helicópteros e 4 avións.

Están asignados dous avións anfibios Foca, dous avións con base en Beariz e helicópteros procedentes da base da Merca. A incorporación destes medios resulta especialmente importante pola dificultade do traballo por terra.

Segundo estimacións provisionais, polo de agora, o incendio calcina arredor de 20 hectáreas.

Preocupa a súa situación, na zona alta da montaña, xa que se está a estender cara as poboacións da Fenteira e Sonelle, ambas as dúas pertencentes ao municipio.

O director xeral de Defensa de Montes, Manuel Francisco Guitiérrez, declarou este domingo que polo de agora non hai riesgo para estas aldeas.

Director Xeral de Defensa de Montes, Manuel Francisco Guitiérrez
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade