Publicador de contidos

Publicador de contidos

O empresariado de Ribeira pide máis patrullas da Policía Nacional pola rúa

O empresariado de Ribeira pide máis patrullas da Policía Nacional pola rúa

Reclaman o incremento de axentes dende hai máis de dous anos

G24.gal 08/01/2022 13:46

Ribeira non é unha vila insegura, pero cómpre o reforzo urxente do persoal da Policía Nacional. É o que vén reclamando dende hai dous anos a Asociación Empresarial de Ribeira (AER).

"Necesitamos que a Policía Nacional estea polas rúas e se con unha dotación non é suficiente, terán que ampliar a dúas. Presumimos agora dunha gran comisaría, que se inaugurou hai dous meses, pero temos unha grande infraestrutura sen persoal", asegura Francisco Martínez, o presidente do colectivo.

A entidade empresarial asegura que a presenza policial é máis necesaria ca nunca despois de que en decembro comezaran a funcionar as novas instalacións da comisaría, situadas nas aforas da vila. 

"Ver presenza de patrullas, porque o concello ten unha grande dispersión en parroquias, pero tamén sería fundamental ver presenza policial a pé, polas rúas peonís e polas outras. Iso dá unha seguridade e unha tranquilidade enorme", reclama.

Dende a rúa tamén piden unha maior visibilidade policial, aínda que non existe unha sensación de inseguridade. 

A asociación empresarial transmitiu as súas reivindicacións á Subdelegación do Goberno en senllas cartas, e aseguran que continuarán reclamando ata que as rúas de Ribeira conten cun maior número de axentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade