Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os empates entre os catro primeiros da 1.ª RFEF deixan todo aberto

Os empates entre os catro primeiros da 1.ª RFEF deixan todo aberto

O Deportivo mantén a primeira posición e a diferenza de goles co Nástic

O Barcelona Atlético aproveitou os tropezos para meterse na lea polo ascenso directo

G24.gal 11/03/2024 21:14

Esta fin de semana houbo duelos entre os catro primeiros clasificados e todo rematou igual que estaba na clasificación. En Tarragona medíronse Nástic e Deportivo, nun encontro de moito ritmo e evidente pelexa. Os locais, que gozaron das primeiras oportunidades, puxeron en apuros o equipo coruñés, que viña de sete vitorias consecutivas. Mella volveu erixirse nun dos grandes protagonistas do partido.

Celta Fortuna e Ponferradina tamén podían alterar a súa clasificación no duelo de Balaídos. Pero o encontro rematou sen goles. Os celestes buscaron a vitoria ante un rival que destacou pola súa proposta ultradefensiva. Miguel Román dispuxo da oportunidade máis clara. Unha man salvadora evitou o gol de Hugo Álvarez.

O Lugo buscaba a primeira vitoria de Trashorras, pero tampouco deu superado na casa a Unionistas de Salamanca. O Lugo, que foi de menos a máis, xogou mellor ca o rival pero non conseguiu marcar o gol da vitoria.  

Só houbo un galego que conseguiu gañar esta xornada, o Arenteiro, que se impuxo por 1-2 na casa do Tarazona con dous tantos de Christian Santos. A mala noticia do encontro foi a lesión de Javi Moreno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar