Cargando resultados...
Os doces de Nadal invaden as pastelerías
Os doces máis madrugadores chegaron xa a mediados de novembro co acendido das luces
G24.gal
02/12/2022 21:30
Nas pastelerías as vendas non cesan. Os doces de Nadal enchen os estantes. Todo é artesanal, e cada pouco hai que repoñer. Neste caso, a zona dos polvoróns.
Comezaron a venderse esta semana e a demanda é moi grande. Os doces máis madrugadores chegaron xa a mediados de novembro co acendido das luces.
Estamos a falar de Panetones, pandoros, biscoitos e galletas con todo tipo de decoración de nadal. No obradoriro xa están traballando nos turróns que chegarán á tenda este luns.
Opcións clásicas, pero tamén moita innovación para sorprender nunhas datas onde as sobremesas son importantes. Un pequeno aperitivo para ir abrindo boca con vistas a un Nadal moi moi doce.