Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os cursos de recuperación de puntos do carné inciden nas rutinas que fan perder a percepción do risco

Os cursos de recuperación de puntos do carné inciden nas rutinas que fan perder a percepción do risco

En Galicia os condutores perden cada ano 300.000 puntos por infraccións graves

As sancións máis habituais son por exceso de velocidade, consumo de alcol e drogas ou non levar o cinto

Os cursos de sensibilización de dez horas permiten recuperar catro puntos 

G24.gal 13/10/2025 15:12

Os condutores que perderon puntos por algunha infracción ao volante poden recuperar catro nun curso de dez horas. Os contidos incide sobre todo na sensibilización e no sentido da responsabilidade, evidenciando as incongruencias cando nos poñemos ao volante. 

"A maioría dos condutores saben os que está e o que está ben; é como fumar, sabemos que é malo?, si, pero facemos o posible para cambialo?, non!".

Por iso os cursos de recuperación fan fincapé sobre todo no que evidencian de maneira recorrente as propias estatísticas das sancións, recalca Fernando Varela García, formador da autoescola San Cristóbal de Ourense: "Hai o 'top five' das infraccións: a velocidade, o alcol, drogas, o telefono e o cinto; levan vinte anos sendo as cinco primeiras". 

Das cinco, a que gaña por moito é o exceso de velocidade, que é a causa do 80 % das multas de Tráfico. A evidencia constata que non hai unha consciencia clara do problema, algo que tentan reverter nos cursos.

"Faise moita incidencia na percepción do risco, porque aí é onde fallamos; vemos as cousas que non é a realidade, sobre todo polas rutinas que collemos que despois quitalas é un problema".

Para axudar a tomar consciencia e reverter esas rutinas, un dos contidos obrigatorios dos cursos de recuperación é asistir a sesións con vítimas de accidentes de tráfico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade