Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os congresos médicos enchen os hoteis en Santiago e A Coruña

Os congresos médicos enchen os hoteis en Santiago e A Coruña

No congreso médico de Santiago participan 2.000 dermatólogos que disparan o nivel de ocupación na hostalería

G24.gal 12/05/2023 14:49 Última actualización 12/05/2023 15:35

No congreso médico de Santiago participan 2.000 dermatólogos. Pero calculan que a cita arrastra outros mil acompañantes. A súa estadía forma parte do chamado turismo de negocios e dispara o nivel de ocupación na hostalería.

Comprobámolo en Santiago e na Coruña, onde outro congreso médico encheu os hoteis do centro da cidade. En moitos colgaron o cartel de completo hai días e reforzaron o emprego.

Lalo Crespo, director do hotel Oca Porta do Camiño confirmao: "Tivemos que contratar persoal extra para poder afrontar os servizos que temos contratados, non? Evidentemente amplíase nun número siginificativo todos os departamentos"

Medran tamén as reservas nos restaurantes. Javier Aval, do Pedra Santa, cóntanos que "tres semanas antes sabemos que imos estar cheos. Á xente que vén de fóra gústalle tomar marisco e peixe... e o da praza tamén está contento"

Testemuñas do movemento, os taxistas, como di Víctor: "Si, si, por suposto que se nota. Basicamente para hoteis, restaurantes, ás horas de comida e cando remate haberá servizos ao aeroporto e á estación de Renfe". Non dan abasto e para datas coma estas propoñen licenzas temporais e plans de mobilidade.

O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, explica que "este é un traballo que se vén facendo ao mellor desde hai un ano ou dous anos para montar un congreso coma este. Apostamos polas políticas deste tipo de congresos. E cidades como Santiago, A Coruña ou Vigo están tratando de promocionar este tipo de eventos que tantos cartos deixan"

O sector sabe que o turismo de congresos pon Galicia no foco e que da imaxe que leve o que vén por traballo... pode volver por lecer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade