Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os concertos do Xacobeo traerán a Galicia 700 eventos musicais este 2025

Os concertos do Xacobeo traerán a Galicia 700 eventos musicais este 2025

O presidente da Xunta dixo na presentación dos concertos en Madrid que son un símbolo do modelo turístico e cultural de Galicia

Alfonso Rueda comprometeu o apoio da Xunta aos festivais e pediulle ao Goberno central que active as exencións fiscais para as empresas colaboradoras co Xacobeo
 

G24.gal 22/05/2025 14:42

Máis de 700 artistas porán a música en Galicia este 2025. Dende Kings of Leon e Alanis Morisette ata Tanxugueiras ou Xoel López. Estarán no só nas grandes cidades, senón tamén nas vilas pequenas. 

Jorge Álvarez, director de Silfest e do Son da Estación, asegurou que é importante "levalos tamén ao rural, por exemplo o Festival da Luz en Boimorto ou en Valdeorras o SilFest e o Son da Estación".

Alfonso Rueda dixo que cada actuación é unha mostra do atractivo de Galicia: "Galicia a través da súa música é gastronomía, clima e paisaxe, pero tamén é moito máis. É a potencia cultural que sempre estivo aí e que cada vez colle máis nome".

Rueda comprometeu o apoio da Xunta aos festivais e pediulle ao Goberno central que active as exencións fiscais para as empresas colaboradoras: "É un traballo que necesita un apoio e a Xunta vai seguir dándollo, pero necesitamos tamén a axuda doutras administracións, e eu espero que os incentivos fiscais que se nos comprometeron dende xaneiro deste ano e que aínda non chegaron, cheguen canto antes".

Dende o Xacobeo 2021-22, máis de 2,5 millóns de persoas participaron nestes concertos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade