Os comercios énchénse de ideas para acertar co agasallo do Día da Nai
Doces, flores e xoiais son algúns dos regalos que nunca fallan
Mañá será un día de encontros familiares e de celebración, como acontece cada primeiro domingo de maio. A estas alturas xa é complicado reservar mesa para o xantar, pero os que teñen pendente a compra dese agasallo co que sorprender no Día da Nai están a tempo de atopar o detalle perfecto. É un día intenso para o comercio.
"Desde que abrimos ás dez, todos andan buscando un detalle para o Día da Nai", confirma Ana Ortega.
Na véspera do primeiro domingo de maio, escaparates como o da chocolataría na que traballa están cheos de ideas para agasallar polo Día da Nai. Nas florerías, xa levan semanas collendo encargas. E nas xoierías esgotan as coleccións deseñadas especialmente para este día.
"É unha das campañas máis grandes, de moitísitmas vendas. A verdade é que agasallar un ramo é un clásico neste día", conta Zaida Busto, que ten unha florería nun mercado da Coruña.
"Toda a colección de mamá, tanto as pulseiras como os colares personalizados coa letra da persoa ou algunha cousa así que poida ser un detalle máis persoal", explica Ana Ortega, xoieira.
O Día da Nai transita entre a tradición e o consumismo e, precisamente por isto, tamén ten os seus detractores. Para os que escollen festexar, moitos comercios ofrecen promocións e descontos especiais.