Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os comerciantes do centro de Ferrol din que as rebaixas son desastrosas

Os comerciantes do centro de Ferrol din que as rebaixas son desastrosas

Nalgunhas tendas din que son as peores dos últimos vinte anos

A zona centro de Ferrol non se activa coas rebaixas
G24.gal 01/07/2022 14:16

Algúns comerciantes da zona centro de Ferrol din que están tendo un comezo de rebaixas desastroso. O mal tempo, as obras e a falla de aparcadoiros dificulta a chegada da xente aos seus negocios. Malia todo, outros din que aínda estamos no comezo das rebaixas e que quedan moitos días por diante para superar este mal momento.

Hai tendas que levan abertas máis de vinte anos. Outras acaban de abrir case coa pandemia. O que teñen en común algunhas delas é que aseguran que o comezo das rebaixas non promete. Din que o mal tempo inflúe moito e que a falta de aparcadoiros condiciona a chegada de xente ao centro de Ferrol.

"Eu creo que o máis frouxo dos últimos vinte anos. O tempo non acompaña nada, Ferrol está completamente cerrado, a xente non sabe por onde entrar ao centro. É o problema que temos. Están con obrar pero non arranxan nada. Cada vez está todo máis caro pero a xente ao final vaise animando un pouco se ve o tempo bo, se pode vir a Ferrol, pero é que ultimamente, cada persoa que ven só falan de problemas, pechan todo, o concello non nos axuda para nada", afirma Manuela Moreto dona de MyL.

"O comezo do verán no norte sempre chega tarde pero estes últimos días fixo moi mal tempo e inflúe nas tendas da rúa, a xente está menos animada. Inflúen tamén as obras de Ferrol centro, a parte de abaixo está cortada sen aparcadoiros. Tamén está a situación económica que é complicada. Son un conxunto de varios factores que inflúen nas vendas, sobre todo en cousas que se pode aprazar, como a roupa", di Verónica Jimeno, dona de Cloti y Fifi.

Non hai reas nas tendas nin moreas de xente como hai anos que esperaban ao comezo das rebaixas cos ollos postos en atopar gangas. Agora están as vendas en liña, o adianto dos días de rebaixas e a suba se prezos doutros produtos como os carburantes. Todo suma á hora de restar vendas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar