Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os comerciantes da rúa Orzán da Coruña intentan dinamizar a zona con Feirarrúa

Os comerciantes da rúa Orzán da Coruña intentan dinamizar a zona con Feirarrúa

Arte, gastronomía e cultura a pé de rúa nun espazo singular da cidade

G24.gal 12/11/2022 21:06 Última actualización 12/11/2022 21:20

A do Orzán é unha das rúas singulares da Coruña, pola súa historia, pola súa arquitectura e polo seu comercio, centrado na artesanía e na cultura. É unha rúa peonil e moi céntrica que merece ser camiñada porque atesoura edificios fermosos -non sempre ben coidados- e porque foi o lugar que escolleron unha presa de comerciantes e artistas con ganas de facer algo diferente e innovador.

Hai unha década alguén bautizouna como o Soho coruñés. Agora, os comerciantes queren revitalizala e incorporala á cotiandade dos coruñeses. Con esa intención a asociación Soho Orzán organizou Feirarrúa, que colocou a pé de rúa as propostas de cada tenda que fai desta zona una espazo especial.

Houbo arte, música, gastronomía e actividades para os nenos. Os comerciantes prometen novas edicións de Feirarrúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade