Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os colexios preparan o alumnado para aprender da eclipse de sol de xeito seguro

Os colexios preparan o alumnado para aprender da eclipse de sol de xeito seguro

A campaña de divulgación Galicia Explora o Ceo estreouse de xeito piloto no CEIP Agro do Muíño de Ames

G24.gal 05/02/2026 14:43

Pasarán uns 350 anos ata que Galicia volva estar na área dunha eclipse de sol total coma a que poderemos presenciar o vindeiro 12 de agosto. Que a observación sexa segura e sirva para divulgar coñecemento científico é o obxectivo do programa Galicia Explora o Ceo, ao que se suman tamén, cunha amplísima programación, os centros de ensino.

Agora inician a conta atrás pero xa levan tempo preparándose para aproveitar ao máximo a experiencia de vivir en primeira persoa unha eclipse total de sol. Aprenderon de que están feitos os planetas, emularon á man o xeito de lles dar instrucións ás computadoras, prepararon un circuíto electrónico para facer unha maqueta do que viviremos o 12 de agosto.

"É unha formación que ten que ver con  saber explicar como se produce un eclipse, saber dar consellos de saúde e observación segura. E van recibir por  parte da consellería un carné que os acredita como guías escolares da eclipse", di Fátima García Doval, xefa do Servizo de Innovación Estratéxica da Consellería de Educación.

Tamén realizarán instrumentos de observación indirecta. Mentres aprenden todo tipo de curiosidades.

"O que queremos é transmitirlla a todo alumnado o que é o eclipse e o que se pode aprender e ensinar a partir del", declara o conselleiro de Educación, Román Rodríguez.

Grazas a unha eclipse puido descubrirse, por exemplo, a curvatura da luz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade