Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os científicos cren que se pode seguir pescando marraxo no Atlántico Sur

Os científicos cren que se pode seguir pescando marraxo no Atlántico Sur

Os palangreiros pediranlle agora a Pesca que interceda para que Europa volva autorizar as capturas

Máis de 40 barcos galegos están afectados pola actual prohibición de pescar esta especie

G24.gal 23/11/2022 19:49 Última actualización 23/11/2022 20:37

A Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (ICCAT) acorda a primeira cota de pesca global para os marraxos, especie declarada en perigo de extinción.

A ICCAT, formada por 52 Partes Contratantes, incluída a Unión Europea, estableceu un límite de captura desta especie no Atlántico Sur dentro dos límites recomendados polos científicos en 2019 e realizou asignacións ás súas partes pesqueiras individuais de tal forma que se reduzan os desembarcos nun 40-60 %.

"Aínda que son máis laxos que unha prohibición, os novos límites de desembarco permitirán lograr unha redución substancial da súa presión pesqueira", expresou nun comunicado da Shark League do Atlántico e o Mediterráneo Ali Hood, director da organización conservacionista británica The Shark Trust.

Conforme a estes datos, os palangreiros galegos pediranlle ao ministerio de Pesca que interceda para que a Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas (CITES) levante a prohibición de pescar esta especie aos barcos europeos.

No Atlántico Norte esta pesqueira estaba xa pechada ata o ano 2024. Poder traballar no Atlántico Sur, aínda que sexa reducindo á metade as capturas, suporía un alivio para os máis de 40 palangreiros galegos que traballan con esta especie.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade