A CE prioriza o AVE Lisboa-Madrid: preocupación na Eurorrexión Galicia-Portugal
A Comisión Europea quere telo listo para 2034, mentres que o enlace Vigo-O Porto aínda non ten unha folla de ruta oficial
A Comisión Europea prioriza o enlace ferroviario entre Lisboa e Madrid, que quere ter listo para 2034. Un calendario que preocupa a Eurorrexión Galicia-Portugal, pendente do enlace Vigo-O Porto, que aínda non ten unha folla de ruta oficial.
Lisboa-Madrid en 5 horas no 2030 e só 3 horas no 2034. Son as previsións que manexa a Comisión Europea para a liña de alta velocidade entre as capitais portuguesa e española.
Bruxelas presenta un calendario de actuacións co obxectivo de acelerar a execución deste proxecto de infraestrutura transfronteiriza que mellorará di, de xeito significativo a mobilidade dentro da Unión Europea.
Poren o AVE Vigo-O Porto non avanza ao mesmo ritmo: aínda está agardando prazos. As previsións apuntaban ao ano 2032 como data para a finalización da conexión de alta velocidade galego-portuguesa.
O anuncio da Comisión Europea preocupa a Eurorrexión Galicia-Portugal que teme que a folla de ruta marcada afecte a liña Vigo-O Porto cos prazos de execución aínda no aire e a saída sur, en estudo informativo