Cargando resultados...
Devólvenlle a carteira que perdera con 540 euros e a documentación
Perdéraa no aparcadoiro do centro comercial de Tui
G24.gal
17/03/2026 12:57
Última actualización 17/03/2026 13:28
Xosé Manuel Segade perdeu a súa carteira no aparcadoiro do centro comercial de Tui e decatouse ao chegar a Vigo. Dentro tiña 540 euros e toda a documentación. Volveu por ela, pero xa non a atopou. Tampouco puido presentar denuncia porque non había axentes dispoñibles.
E cando xa daba todo por perdido, de súpeto alguén petou na súa porta coa carteira na man. Era unha moza de Pontevedra, filla da muller que a atopara.
Segade e a súa muller non saben como agradecer o xesto. Ademais de recuperar os cartos froito do traballo de tres días e tamén toda a documentación que terían que renovar, quedan coa satisfacción que dá saber que hai persoas honradas e agradecidas.