Publicador de contidos

Publicador de contidos

Apróbanse axudas para garantir a viabilidade das farmacias nas zonas rurais máis despoboadas

Apróbanse axudas para garantir a viabilidade das farmacias nas zonas rurais máis despoboadas

As farmacias do rural contarán a partir do vindeiro ano con axudas económicas e unha maior flexibilidade nas súas condicións de traballo para garantir a súa viabilidade económica

G24.gal 31/10/2025 13:19

Vicente é o farmacéutico do Bolo dende hai vinte anos. A súa é a única botica do municipio e aquí atende veciños dunhas vinte e seis aldeas do concello. A poboación total rolda as oitocentas persoas. Cumpre, pois, os requisitos para ser unha das novas zonas farmacéuticas especiais.

"Están en zonas de baixa densidade de poboación, evidentemente están no rural, que ten unhas especiais circunstancias de vida, de descenso da poboación, doutros problemas que fan que a viabilidade económica e o mantemento das farmacias no futuro sexa comprometido."

Estas farmacias poderán tamén atender residencias sociosanitarias das que ata o de agora se ocupaban os hospitais de referencia. "É un ingreso que se pode chamar como retroactivo, porque a xente que estaba nos centros de maiores e que non se subministra a través das farmacias do rural eran veciños do pobo que compraban eses mesmos medicamentos nas nosas farmacias. Entón é que é unha cousa de xustiza que ocorra isto".

A viabilidade económica destas farmacias serve para garantir un servizo imprescindible para os veciños e tamén para manter a poboación nas zonas rurais. "Desde logo fixa poboación e é un dos piares dos pobos. Non se pode defender o rural sen defender as farmacias do rural".

Once destas zonas están na provincia de Lugo, as outras dezaoito na de Ourense. A elas destinarase unha liña de subvencións de cen mil euros a partir do vindeiro ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade