O Deportivo gaña ao Córdoba (2-0) e ponse colíder da Segunda
Marcaron na primeira parte Lucas Noubi e Giacomo Quagliata
O Deportivo durme colíder agardando polo Málaga o sábado
Un Deportivo moi superior na primeira parte consegue a vitoria que precisaba para poñerse colíder empatado co Racing de Santander.
A balón parado chegou o primeiro gol deportivista no minuto 19 de xogo. Unha falta lanzada por Alti que cabeceou á rede Lucas Noubi. O belga marcaba así o seu primeiro gol como deportivista.
Xa no minuto 30 chegaba o segundo, por parte dun Giacomo Quagliata que xa sabía o que era marcarlle ao Córdoba (xa marcara no partido de ida). De novo a centro de Alti, que fixo doblete en asistencias.
Con esta vitoria o Deportivo empata a puntos co Racing de Santander e sitúase colíder da Segunda División, en postos de ascenso directo a Primeira.