Os centros comerciais énchense en vésperas da Noitevella
A maioría busca regalos de Reis e roupa para fin de ano pero tampouco faltan os que van cambiar agasallos do Papá Noel
Pasou o día de Nadal pero aínda temos por diante datas de reunións, festas e agasallos. Seguimos en pleno período de consumo. O bulicio nos centros comerciais reflectíano este sábado.
"Si, veño a ver que hai por aí, si", dicía unha rapaza.
"Estou mirando algo para os Reis", puntualizaba unha muller.
"Eu veño a comprarme un vestido para fin de ano porque non teño", afirmaba unha rapaciña.
"Temos cousas compradas xa pero sempre se mira algo máis para pedirllo aos Reis Magos", engadía un home.
"Non devolvín nada. Gustoume todo", aseguraba un home.
"A maioría dos regalos que che fan telos que ir cambiar", opinaba, porén, unha muller.
"A miñas netas quedaron moi contentas e queren que volva outra vez o Papá Noel", afirmaba outra.