Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vítima relata unha "chuvia de golpes" no xuízo pola agresión con navalla na Coruña

A vítima relata unha "chuvia de golpes" no xuízo pola agresión con navalla na Coruña

Os acusados aseguraron que estaban baixo os efectos do alcol e outras drogas, e amosaron o seu arrepentimento

A vítima contou que non soubo que fora acoitelado ata que llo comunicou o médico de urxencias

G24.gal 16/06/2026 14:09 Última actualización 16/06/2026 14:32

O xuízo contra tres mozos acusados de acoitelar un home ás portas dun pub da rúa Orzán, na Coruña, arrancou este luns coa declaración da vítima e dun dos procesados. Os acusados enfrontáronse a penas de ata catro anos e medio por un delito de lesións agravadas. 

Segundo relatou a vítima, todo comezou cando chamou a atención dun grupo que golpeaba a reixa dun local. "Forcexo cunha persoa, caemos ao chan e, cando intento erguerme, recibo unha patada na cabeza", declarou. "Pecho os ollos e recibo unha chuvia de golpes". O home asegurou ademais que non soubo que fora acoitelado ata que llo comunicaron en urxencias. 

Un dos acusados recoñeceu os feitos, aínda que asegurou non lembrar boa parte do sucedido porque estaba baixo os efectos do alcol e das drogas. "Lémbroo polo vídeo que vin despois", afirmou ao ser preguntado polas coiteladas. 

O procesado negou que a navalla fose súa e pediu perdón a vítima e á súa familia. Os tres investigados consignaron mási de 100.000 euros para reparar o dano causado. 

O xuízo coninuará este martes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade